Breves historias de Amor e Fortuna

17052023-20230517_153735.jpg

O sábado 15, terá lugar no Casino Ferrolán, ás 19.00 h o concerto do grupo La moresca integrado por Paloma Friedhoff, Pabro Ruibal e Uxía Delgado co programa Breves historias de Amor e Fortuna, arredor do amor e o desamor, a través de músicas que abarca desde o Barroco até o primeiro Romanticismo.

Máis

Concert Le Phénix

Concert Le Phénix - Fernando, Calia, Roberto.jpg

O Concert Le Phénix, dirixido por Fernando Santiago, será o protagonista musical do serán de literatura, música e lecer que terá lugar nas Terras de Iria e na Casa de Rosalía en Padrón. Será o día 15 ás 19.00 h co programa La défense de le Blanc.

Máis
 

Completa a cota de prazas para a travesía pola ría de Ferrol

COMPLETA A COTA DE PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NA TRAVESÍA POLA RÍA DE FERROL. A listaxe de agarda queda tamén completa ao superarse o número de prazas estimadas.

Concerto do Ensemble Phaedrus

Phaedrus - Credits Clara De Asís.jpg

O domingo 8 de setembro, ás 18.00 h terá lugar o concerto do Ensemble Phaedrus na igrexa de Santiago de Mens cun programa titulado THE KINGS’S FLUTES, MÚSICA DA CORTE DE ENRIQUE VIII. 

Os concertos son de entrada libre até completar capacidade.

Máis
 

Festival ViertelBarock

Captura de pantalla 2024-08-03 a las 17.08.53.png

Iniciamos parcería co festival ViertelBarock, un festival de música barroca que se celebra no mes de setembro, no Serviten Viertel de Viena, e que esta edición dedica un serán á cultura galega nunha homaxe performativa á poeta Luísa Villalta. En breve máis!

Máis
 

Ábrese o prazo para inscribirse na travesía pola ría de Ferrol e no roteiro "De Padrón polos camiños"

IMG_5462.JPG

Do 10 ao 12 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse na travesía pola ría de Ferrol, que terá lugar o 14 de setembro e no roteiro "De Padrón polos camiños", que terá lugar o 15 de setembro. 

Visita ás Torres de Mens

Concerto inaugural con La Grande Chapelle

AR_hd_Brno 19 Petr Francán 19PF9606.JPG

Abre a edición 2024, o domingo 1 de setembro ás 20.00 h, La Grande Chapelle, dirixida por Albert Recasens, cun concerto no Teatro Colón da Coruña, e o programa Francisco Guerrero, música e poesía do Renacemento español. Ás 19.00 h, teremos oportunidade de participar nun espazo de conversa e preparación para a escoita con Albert Recasens e o filólogo Guillermo Fernández Rodríguez-Escalona.

Os concertos son de entrada libre até completar capacidade

Máis

 

Completa a cota de prazas para a visita ás Torres de Mens

Torres de Mens42.JPG

COMPLETA A COTA DE PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NA VISITA ÁS TORRES DE MENS!!! A listaxe de agarda queda tamén completa ao superarse o número de prazas estimadas.

Convocatoria aberta e obradoiro para saxofonistas

dossier Sciarrino - espazos sonoros (arrastrado) 2.jpg

Pechará a edición un concerto participativo dirixido polo asLan ensembLe para o que Espazos Sonoros fai unha convocatoria aberta ao tecido musical galego, co fin de contar con saxofonistas de calquera nivel, idade e formación para a execución da obra de Salvatore Sciarrino, La bocca, i piedi, il suono. A participación neste concerto non require de coñecementos previos, senón seguir as instrucións do asLan ensembLe no obradoiro que terá lugar antes do concerto. Se tocas o saxo, non perdas esta actividade!

Inscricións, do 2 ao 26 de setembro en actividades@espazossonoros.org

Máis

Presentouse a edición 2024

1722940825383.jpg

Presentouse en rolda de prensa celebrada no Teatro Colón, na Coruña, a programación do festival Espazos Sonoros na súa edición 2024, nun acto no que estiveron presentes o deputado provincial de Patrimonio e Contratación, Xosé Luís Penas Corral e a Directora artística do festival, Belén Bermejo. Xa falta menos!!!

Cinco semanas de programación

Ortigueira65.JPG

Do 1 ao 28 de setembro desenvolverase unha nova programación de concertos e actividades en espazos como O Teatro Colón, as Torres de Mens, a paisaxe natural da ría de Ferrol, as Terras de Iria Flavia, o xeoparque Cabo Ortegal, o Teatro de Beneficencia de Ortigueira ou a contorna do Castro de BaroñaLa Grande Chapelle, La moresca, o Ensemble Phaedrus, Concert Le Phénix, Das Kolorit, e o asLan ensembLe serán as formacións que nos acompañarán durante cinco semanas de programación.

Prazos de inscrición

➡️ Visita ás Torres de Mens, do 3 ao 5 de setembro

➡️ Travesía pola ría de Ferrol, do 10 ao 12 de setembro

➡️ De Padrón polos camiños. Tarde literaria e de lecer, do 10 ao 12 de setembro

➡️ Ruta polo xeoparque Cabo Ortegal, do 17 ao 19 de setembro

➡️ Ruta polo castro de Baroña, do 24 ao 26 de setembro

​​​➡️ Convocatoria aberta e obradoiro para saxofonistas, do 2 ao 26 de setembro

Inscricións a través de: actividades@espazossonoros.org

Os concertos son de balde e entrada libre até completar capacidade 

COMO CHEGAR

Para coñeceres a localización de cada un dos espazos busca en Googlemaps o mapa de Espazos Sonoros 2024

google-maps-.jpeg

DESCARGA O CATÁLOGO COA PROGRAMACIÓN

LR_catalogo_ES24 (arrastrado).jpg

Protocolo de accesos a concertos e actividades

Os concertos son de balde e a entrada libre até completar a capacidade. Nas actividades con prazas limitadas sinaladas no catálogo é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas. Só se admitirán reservas realizadas a través do correo actividades@espazossonoros.org

MÁIS

Facebook_f_logo_(2019).svg.png

Instagram_logo_2016.svg.png

Unknown-1.png

AF_web_folhaDeLogos_ES24.png