Inscrición para participar na actividade Muros mira o mar
Do 16 ao 18 de setembro, estará aberto o prazo para inscribirse na actividade "Muros mira o mar: unha ollada ao patrimonio histórico e industrial de Muros", que terá lugar o día 20. O prazo abrirase ás 00.00 h do día 16. Inscricións a través do correo actividades@espazossonoros.org.
Celebrouse con éxito o segundo serán galego en Viena
Celebrouse en Viena o segundo serán galego dentro do festival ViertelBarock en colaboración co festival Espazos Sonoros. No acto estiveron presentes representantes do Seviten Viertel do distrito 9., da Embaixada Española e do Arquivo Fonográfico da Academia das Ciencias. Un cheo total para celebrar con música a cultura, a lingua e a literatura galegas. Xa pensando na terceira edición!
COMPLETA A COTA DE PRAZAS PARA a actividade Muros mira o mar
COMPLETA A COTA DE PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NA ACTIVIDADE MUROS MIRA O MAR. É posible a inscrición en lista de agarda.
O concerto é de entrada libre até completar capacidade.
Alexia Crhisomally & Óscar Antolí
Alexia Chrysomalli, unha carismática cantante e compositora grega, actuará este sábado 13 canda o polifacético músico Óscar Antolí, no espazo museístico do Estaleiro do Ciprián, en Outes. Será ás 19.00 h, co programa Thalassa.
(Concerto de balde e entrada libre até completar capacidade)
Inscrición para participar na Ruta dos Carpinteiros cos pés mollados
Do 9 ao 11 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse na actividade "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados" que terá lugar o día 13 en Outes. O prazo abrirase ás 00.00 h do día 9. Inscricións a través do correo actividades@espazossonoros.org.
Mulleres peregrinas e os seus cantos con PER-SONAT
Este sábado 20, ás 19.00 h, estará o grupo Per-Sonat, dirixido por Sabine Lutzenberger, no Santurario da Virxe do Camiño de Muros, co programa A Peregrina-Mulleres pereginas na Idade Media e os seus cantos, con obras do Llibre Vermell, Códice de Las Huelgas, Códice Calixtino e do Laudario de Cortona.
(Concerto de balde e entrada libre até completar capacidade)
Vox Stellae en Bares
O domingo 7 de setembro ás 17.30 h, o coro Vox Stellae, baixo a dirección de Luís Martínez, estará na igrexa de Santa María de Bares interpretando o seu programa Palestrina: Princeps Musicae, na celebración dos 500 anos do nacemento dunha das máis relevantes figuras da historia da música, Giovanni Pierluigi da Palestrina.
(Concerto de balde e entrada libre até completar capacidade)
Inscrición para participar na ruta de Bares
Do 3 ao 5 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse na actividade "Cara o Norte. Xornada en Bares e visita ao faro". O prazo abrirase ás 00.00 h do día 3. Inscricións a través do correo actividades@espazossonoros.org.
Continúa a colaboración co festival ViertelBarock
Logo dunha primeira experiencia exitosa, Espazos Sonoros continúa a súa colaboración co festival ViertelBarock de Viena. Este venres 5 de setembro, ás 20:00 h, terá lugar o segundo Serán Galego en Viena. Este Serán Galego nace como un espazo de encontro e diálogo intercultural para promover a nosa lingua, cultura e patrimonio noutros contextos, e para visibilizar o galego como vehículo de expresión artística.
Esta edición dedicámola á cultura de tradición oral galega e ao legado de Dorothé Schubarth, orixinariamente depositado en Viena no seu arquivo fonográfico. Músicas e músicos de procedencias diversas únense para vivir a música e a cultura galegas cun espírito colectivo e festivo, no marco único do Palais Festetics (Distrito 9).
Concerto inaugural con Il Concerto Intempestivo
O día 31 abrirá a programación de Espazos Sonoros 2025, con esta formación emerxente composta por Rahel Boell, violín, Jaume Guri Batlle, violín, Rebecca Krieg, violonchelo e o galego Eliot Xaquín Dios, clave. O programa achega unha novidosa reconstrución do famoso ballet, A Consaración da Primavera, de Igor Stravinsky empregando pezas programáticas de compositores barrocos, arranxos e novas composicións “en estilo”. Será ás 20.30 h na igrexa do convento de Santo Antonio de Herbón.
(Concerto de balde e entrada libre até completar a capacidade)
Inscrición para participar nas vistas a Herbón
Do 26 ao 28 de agosto estará aberto o prazo para inscribirse na visita ao conxunto conventual de Santo Antonio de Herbón e á igrexa románica de Santa María, que terá lugar o 31 de agosto. O prazo abrirase ás 00.00 h do día 26 a través do correo actividades@espazossonoros.org
Completa a cota de prazas para as visitas en Herbón
COMPLETA A COTA DE PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NAS VISITAS A HERBÓN!!! A listaxe de agarda queda tamén completa ao superarse o número de prazas estimadas.
O concerto na igrexa é de entrada libre até completar capacidade.
Presentouse a edición 2025
Presentouse en rolda de prensa celebrada no Centro Etnográfico do Río Mandeo, en Curtis, a programación do festival Espazos Sonoros na súa edición 2025, nun acto no que estiveron presentes o Deputado Provincial de Patrimonio e Contratación, Xosé Luís Penas Corral e a Directora artística do festival, Belén Bermejo, xunto a María José Pámpano, integrante do Suelen Estar Quartet, que puxo música ao acto, e o alcalde do concello de Curtis, Javier Francisco Caínzos.
Seis semanas de programación
Do 31 de agosto ao 4 de outubro desenvolverase unha nova programación de concertos e actividades en espazos como O convento de Herbón, o Faro de Estaca de Bares, o Estaleiro do Ciprián, en Outes, a paisaxe cultural e industrial de Muros, Santo Antoíño de Toques.
Per-Sonat, Alexia Crhysomalli & Óscar Antolí, Il concerto intempestivo, Vox Stellae, Paulina Ceremużyńska e Manuel Vilas, o Suelen Estar Quartet, Rosana Orsini e o ensemble freymut, serán as formacións protagonistas desta edición.
Prazos de inscrición
➡️ Visita ao conxunto conventual de Santo Antonio de Herbón e á igrexa románica de Santa María, do 26 ao 28 de agosto
➡️ Cara ao Norte. Xornada en Bares e visita ao faro, do 3 ao 5 de setembro
➡️ Ruta dos carpinteiros cos pés mollados, do 9 ao 11 de setembro
➡️ Muros mira o mar: unha ollada ao patrimonio histórico e industrial de Muros, do 16 ao 18 de setembro
➡️ Visita ao castro da Graña e á igrexa de Santo Antoíño de Toques, do 23 ao 25 de setembro
➡️ Visita ao Centro Etnógráfico do Río Mandeo e paseo sonoro polo río Carregal, do 23 ao 25 de setembro
Inscricións a través de: actividades@espazossonoros.org
COMO CHEGAR
Para coñeceres a localización de cada un dos espazos, busca en Googlemaps o mapa de Espazos Sonoros 2025
Protocolo de accesos a concertos e actividades
Os concertos son de balde e a entrada libre até completar a capacidade, excepto para os concertos en Santo Antoíño de Toques e no Centro Etnográfico do Río Mandeo, que precisan inscrición previa. Nas actividades e concertos con prazas limitadas é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas a través de actividades@espazossonoros.org MÁIS