Protocolo de acceso a actividades e concertos
-
Os concertos son de balde e a entrada libre até completar a capacidade.
-
Nas actividades con prazas limitadas é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas. Deberase indicar expresamente para que data e que actividade se fai a reserva.
-
É precisa unha reserva para cada actividade. Só se admitirán reservas realizadas a través do correo actividades@espazossonoros.org. Calquera solicitude de reserva feita a través de calquera outro medio ou enderezo ou fóra de prazo non será atendida.
-
Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas. Para a reserva deberase achegar un teléfono de contacto así como o nome completo de cada unha das persoas participantes.
-
O día da actividade deberase presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.
PARA PARTICIPARES NO OBRADOIRO E CONCERTO PARTICIPATIVO PARA SAXOS
Será precisa a inscrición do 2 ao 26 de setembro, a través do correo actividades@espazossonoros.org, indicando o nome das persoas para as que se fai a reserva, un teléfono de contacto e o tipo de instrumento que achegará. As persoas menores de idade deberán vir acompañadas dunha persoa adulta.
A túa colaboración é imprescindible
Lembra que temos que ser responsables co medio ambiente e co patrimonio visitado.
-
Antes de participar nas actividades paralelas, asegúrate de que a ruta se adapta ás túas capacidades físicas en función do percorrido e duración.
Unha vez formalizada a inscrición, procura avisar, no caso de non poderes asistir, co fin de deixarlles a túa praza a outras persoas interesadas. Procura chegar puntual ás diferentes citas.
Lembra que facer fotos ou gravar vídeos pode resultar molesto para as persoas intérpretes e para o resto do público. Por favor, respecta as indicacións que facilite o persoal de produción.
As persoas menores de 18 anos deberán ir acompañadas por unha persoa adulta maior de idade que se faga responsable. Non se recomenda a asistencia de menores de 8 anos, excepto que se trate de actividades especificamente deseñadas para esa franxa de idade. De asistiren, as persoas adultas coidarán, en todo momento, deles.