
Sábado 26 de setembro, 20.30 h, igrexa de Santiago da Pobra do Deán, A Pobra do Caramiñal.
Coñece o teu patrimonio. Ás 17.00 h, A Pobra de Valle-Inclán: un paseo entre historia e literatura.
Sara Ruiz
TELEMANN- FANTASÍAS PARA VIOLA DA GAMBA
Sara Ruiz, viola da gamba
Sara Ruiz é unha das violagambistas españolas máis recoñecidas do panorama internacional. Formada en Sevilla, Trossingen e Lugano, colabora habitualmente con ensembles como Amsterdam Baroque Orchestra, Al Ayre Español, La Cetra Baroque Orchestra, La Grande Chapelle, La Tempestad, Armonico Tributo Austria ou a Orquestra Barroca de Sevilla, e desenvolve unha intensa actividade como solista e música de cámara.
Esta virtuosa intérprete, estreitamente vinculada a Galicia —onde exerce como catedrática de viola da gamba no Conservatorio Superior de Vigo e impulsa diversos proxectos pedagóxicos e artísticos—, presenta unha escolla das Doce fantasías para viola da gamba soa de Georg Philipp Telemann. Trátase dunha obra redescuberta en 2015 e considerada un dos achados máis importantes dos nosos días en relación co repertorio para este instrumento. Grazas á nobre e poeta Eleonore von Münster (1734–1794), que gardou coidadosamente na súa biblioteca privada unha copia das Fantasías, hoxe podemos escoitar esta xoia que, até hai ben pouco, se consideraba perdida.
