Novas

Mosaico Serán

5 de outubro 2026

Noite galega en Viena na Sargfabrik

Froito da colaboración con institucións culturais austríacas iniciada nos últimos anos, o festival Espazos Sonoros retmata esta edición cun concerto na Sargfabrik, emblemático centro de cultura alternativa da capital austriaca.
Baixo o título Música galega entre vangarda, memoria e exilio, terá lugar este terceiro Serán, o 8 de outubro ás 19.30 h.

Coñecer máis

San Nicolao de Cins

29 de setembro 2026

Completa a cota de prazas para o percorrido contado por Quico Cadaval

Por volume de solicitudes xa non é posible inscribirse en lista de agarda. O concerto do Grupo 1500, en San Nicolao de Cis, é de entrada libre até completar capacidade, non precisa reserva de praza.

Santa María de Cuíña

28 de setembro 2026

A morte na Idade Media, nunha visita contada por Quico Cadaval

Do 29 de setembro ao 1 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para a visita contada por Quico Cadaval, que terá lugar o sábado 3. Un percorrido pola arte tumularia, os rituais funerarios e as lendas populares arredor da concepción medieval da morte.
Inscricións a través de actividades@espazossonoros.org. Condicións e prazos de inscrición nas actividades aquí.

Coñecer máis

Grupo de música antiga 1500

28 de setembro 2026

Cinco prantos para un reino polo Grupo 1500, en San Nicolao de Cis

O sábado 3 de outubro, ás 19.00 h, o Grupo 1500 presenta Cinco prantos para un reino, na igrexa de San Nicolao de Cis, en Oza Cesuras. Un programa que recupera cinco prantos medievais vinculados á historia do Reino de Galicia e combina investigación, creación musical e interpretación historicamente informada.

Coñecer máis

Ecoumuseo Forno do Forte

21 de setembro 2026

O Forno do Forte: barro, oficio e tradición

Do 22 ao 24 de setembro estará aberto o prazo para as inscricóns na actividade que terá lugar en Buño o domingo 27. Inscricións a través de actividades@espazossonoros.org. Condicións e prazos de inscrición nas actividades aquí.

Coñecer máis

A Pobra do Caramiñal

21 de setembro 2026

A Pobra de Valle-Inclán: un paseo entre historia e literatura

Do 22 ao 24 de setembro estará aberto o prazo para participar no percorrido pola vila e a visita ao Museo Valle Inclán, que terá lugar o 26 de setembro ás 17.00 h. Inscricións a través de actividades@espazossonoros.org. Condicións e prazos de inscrición nas actividades aquí..

Coñecer máis

Dúo Abeiro

21 de setembro 2026

O Dúo Abeiro no Forno do Forte, en Malpica de Bergantiños

O domingo 27, ás 19.00 h, o dúo formado por Millán Abeledo, violonchelo, e Xosé A. Rodríguez, guitarra, actuarán co programa Raíces, no espazo do Ecomuseo Forno do Forte de Buño, no contexto dunha completa xornada arredor do oficio da olaría.

Coñecer máis

Sara Ruíz

21 de setembro 2026

Sara Ruiz na igrexa de Santiago da Pobra do Deán

A violagambista Sara Ruiz estará o vindeiro sábado 26, ás 20.30 h, na igrexa de Santiago do Deán, na Pobra do Caramiñal, interpretando unha selección de fantasías para viola da gamba de Telemann.

Coñecer máis

Batán de Mezonzo

14 de setembro 2026

Pequeno percorrido polos muíños do río das Gándaras

Do 15 ao 17 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse neste percorrido polo concello de Vilasantar, que terá lugar o día 19 de setembro ás 16.00 h. Inscricións a través de actividades@espazossonoros.org. Condicións e prazos de inscrición nas actividades aquí.

Coñecer máis

Grupo Reïna Lupa

14 de setembro 2026

Nova cita en Espazos Sonoros: Monteverdiana co Ensemble Reïna Lupa

O sábado 19 de setembro, ás 19.00 h, o Ensemble Reïna Lupa presenta, no Santuario de Nosa Señora da Laxe en Vilasantar, o programa Monteverdiana, unha selección de madrigais e motetes para voz solista e dúo, e obras de importantes compositores da vida musical veneciana.

Coñecer máis

Foto de Betanzos Casa Núñez

8 de setembro 2026

Completa a cota de prazas para o percorrido polo Betanzos Monumental

Por volume de solicitudes xa non é posible inscribirse en lista de agarda. O concerto de Das Kolorit, no Cine-Teatro Alfonsetti, é de entrada libre até completar capacidade, non precisa reserva de praza.

7 de setembro 2026

Percorrido polo Betanzos Monumental

Do 8 ao 10 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse na visita guiada polo Betanzos monumental que tará lugar o día 12 de setembro ás 16.00 h. Inscricións a través de actividades@espazossonoros.org. Condicións e prazos de inscrición nas actividades aquí.

Coñecer máis

Grupo Das Kolorit

7 de setembro 2026

Das Kolorit actuará esta fin de semana no Teatro-Cine Alfonsetti de Betanzos

Este sábado 12 de setembro, o grupo Das Kolorit actuará, ás 19.00 h, no espazo do Teatro-Cine Alfonsetti de Betanzos co programa L’arte di Passeggiare e obras de Frescobaldi, Falconieri, Ortiz ou Caccini, entre outras.

Coñecer máis

Baptiste Romain do grupo Le Miroir de Musique

31 de agosto 2026

Le Miroir de Musique en San Tomé de Monteagudo

Este sábado 5 de setembro inauguramos edición en Arteixo, ás 20.00 h, co concerto do grupo Le Miroir de Musique, e o programa Ars Trobar Italica. O legado dos trobadores na Italia medieval. Antes do concerto terá lugar unha visita guiada á igrexa.

Coñecer máis

6 de agosto 2026

O sábado 5 de setembro dará comezo a programación

A XIX edición do festival bota a andar na igrexa de San Tomé de Monteagudo, en Arteixo, cun concerto do grupo Le Miroir de Musique, dirixido por Batiste Romain. Antes do concerto teremos oportunidade de coñecer en profundidade o significado e a historia da que foi igrexa dun salientable mosteiro rural bieito na Idade Media.

Coñecer máis

Sargfabrik Penzing

6 de agosto 2026

Espazos Sonoros continua a súa proxección internacional

Espazos Sonoros continúa a reforzar a súa presenza internacional cun novo concerto en Viena, froito da colaboración con institucións culturais austríacas iniciada nos últimos anos. A iniciativa permitirá presentar ante o público vienés un proxecto que ten como sinal de identidade a valorización do patrimonio da provincia da Coruña a través da música, fortalecendo ao mesmo tempo os vínculos culturais entre Galicia e Austria.
O terceiro Serán Galego en Viena terá lugar o 8 de outubro no emblemático espazo cultural da Sargfabrik, no Distrito 14 da capital austríaca.

Coñecer máis

6 de agosto 2026

Presentouse a edición 2026 de Espazos Sonoros

O deputado provincial de Patrimonio e Contratación, Xosé Luis Penas Corral, presentou, xunto ao alcalde de Malpica, Eduard e a directora artítica do festival, Belén Bermejo, a nova programación de Espazos Sonoros. A rolda de prensa tivo lugar no espazo provincial do Ecomuseo do Forno do Forte, en Malpica.
O festival celebrarase do 5 de setembro ao 8 de outubro en diferentes espazos do patrimonio histórico da provincia e terá a súa extensión no exterior cun concerto que se celebrará en colaboración coa Sargfabrik de Viena.
Le Miroir de Musique, Das Kolorit, Sara Ruiz, o Dúo Abeiro, o Ensemble Reïna Lupa e o Grupo 1500 serán as formacións convidadas na presente edición.